13-05-2022. (Nova publicada na edición impresa do Diario de Pontevedra, por A.M.U.)
SANXENXO. Todo un éxito. Así resultou a xornada de "showcooking" celebrada onte na Praza de Abastos de Portonovo, promovida polo obradoiro de Hostalaría do Salnés XIII da Mancomunidade, en colaboración coa Federación de Prazas de Abastos de Galicia (FEPRAGAL) e o Concello, co obxectivo de promocionar os produtos do Mercado. Berberechos, xarda, queixo, froitas frescas e verduras foron so unha parte das elaboradas propostas que puideron gozar os veciños e visitantes que participaron no evento.